Mulleres á fronte dende o Sur Global

Únete ao noso mapa de mulleres artistas en Galicia
Mulleres á fronte dende o Sur Global é unha iniciativa de investigación, intervención e acción participativa que se formula como un diálogo de saberes e experiencias xenealoxicamente situadas e compartidas entre as voces subalternizadas das mulleres do sur global.
Aliando a experiencia do movemento de punk feminista riot grrrl coa do movemento musical caboverdiano batuko, o proxecto propón a incidencia en materia de igualdade e desenvolvemento a través do traballo coas comunidades de mulleres migrantes implicadas nas artes escénicas en Galicia e tamén das mulleres batukadeiras da illa de Santiago, en Cabo Verde.

Queres aparecer no noso mapeamento de artistas?

Estamos a construir un directorio virtual de proxectos artísticos vinculados á migración no territorio galego. Es artista e queres formar parte do mapeo?

Actividades

Mapeamento de mulleres migrantes implicadas nas artes escénicas
Mapeamento das mulleres migrantes residentes en Galicia implicadas na música (de maneira profesional ou amateur; como cantantes, instrumentistas, compositoras...), e outras artes escénicas (teatro, danza, circo), para crear unha cartografía que as identifique e recolla as súas experiencias e propostas.
Flecha
Creación dun directorio virtual e difusión do mesmo ás principais entidades promotoras de iniciativas culturais, programadoras…
Flecha
Celebración dunha xornada de autodiagnose en torno ás experiencias, dificultades, problemáticas, necesidades, potencialidades, propostas…
Flecha
Editatona, para incorporar na Wikipedia as referencias a estas artistas e grupos.
Flecha
Podcast para difundir os traballos destas mulleres migrantes artistas, en colaboración con Cuac FM.
Flecha
Encontro final coas participantes do mapeo

Contámoscho en video

Materiais de difusión

Descárgaos para empregalos como queiras.
Descárgate os materiais de difusión