O 24 de xuño de 2026 Madrid acolle unha xornada para reflexionar colectivamente sobre os retos estruturais do sector do fogar e dos coidados.
Durante a xornada presentarase o informe Toda unha vida coidando: o dereito a unha xubilación digna das traballadoras do fogar e dos coidados.
Na mesa Retos estruturais do emprego do fogar e dos coidados: saúde participará Antía Pérez Caramés, profesora titular de Socioloxía na Universidade da Coruña (UDC) e membro do equipo Sociedades en Movemento (ESOMI) da UDC.
De 10:00 a 18:00 horas.
Un espazo para analizar desigualdades, compartir propostas e avanzar cara a condicións de vida e traballo máis dignas.