
Mulleres á Fronte participou no III Congreso Internacional de Antropoloxía Feminista, celebrado os días 1, 2 e 3 de xullo de 2026 na Universitat Rovira i Virgili (URV), en Tarragona.
No marco do congreso presentamos dúas comunicacións centradas, por unha banda, no papel das mulleres, o corpo e a comunidade no batuko caboverdiano e, por outra, nas experiencias das traballadoras migrantes de coidados ante o envellecemento.
Ademais, participamos na coordinación dun dos simposios do congreso, dedicado ás loitas reprodutivas en contextos de crise. Isto permitiunos intercambiar perspectivas e fortalecer redes de colaboración entre investigadoras.
Grazas á organización e a todas as persoas coas que compartimos estes días.