Son musicoterapeuta. A miña sensibilidade conéctame cos procesos de produción e a estética das formas, invitándome a vivir a arte dende diferentes áncoras.
A ludopedagoxía e o teatro estiveron presentes na miña vida despois de formarme co centro La Mancha (Uruguai) e Carla Rodríguez (grupo Vamos que nos vamos). A fotografía, escritura e contar contos, mamados no fogar materno, foron unha porta máis para dar forma ás miñas inquedanzas.
Dende pequena participei bailando e coordinando actividades no Centro Galego de Rosario (Arxentina), co grupo de baile para adultos e nenos, o grupo de pandereteiras “Alumea” e a banda de gaitas “Leira do Son”. Formeime en Arxentina e Galicia con referentes do folclore galego como Xabier Díaz, Leni Pérez ou Alexandre Fernández Castro. Coa banda de gaitas e percusión editamos dous discos, o primeiro no 2004, o segundo, “A nosa maneira”, no 2009, que foi presentado no túnel 4 do Complexo Cultural Parque España.
Paralelamente, formei parte das compañías de baile flamenco “Al-andaluz”, “Sentir flamenco”, “De perdidos al Río” e “Trapo de seda”, como bailarina, percusionista e cantante, formándose con mestres nacionais e internacionais. Coordinei grupos de danza para adultos na Sala Lavarden, na Escola de Danza e Artes Escénicas Ernesto de Larrechea e no Club Español de Rosario.
No canto popular estitraballei da man de Lisa Polichiso e na agrupación Coral Ad Libitum, dirixida por Luján Perotti.
Téñome presentado en múltiples escenarios, como o Teatro El Circle, Príncipe de Asturias, La comedia, Saulo Benavente, Sala Lavarden, Mateo Booz, o Fiesta Nacional de Colectividades de Rosario e o Oktoberfest de Villa General Belgrano.
Na miña función de comunicadora e traballadora sanitaria puiden desenvolverme co-presentando e producindo programas de radio e televisión.
Recentemente migrada, atópome abríndome a novas canles artísticas multidisciplinares como emprendedora, entre elas o debuxo coas cores dos fondos mariños na procura de obxectos que sexan o seu soporte.