O seminario Migracións, coidados e relacións de xénero se plantexou como unha actividade híbrida, un diálogo entre o académico, o tecido social e o artístico, escoitando voces non só galegas senón tamén internacionais sobre as migracións. Neste marco, a temática que percorre a programación é analizar como a desigualdade nos coidados se percibe nos países de orixe das mulleres migrantes (desde Cabo Verde a Sudamérica) , tamén nos destinos migratorios e na súa xestión transnacional.
O seminario ten o obxectivo de amosar investigacións realizadas en diferentes contextos migratorios, coa ollada posta nas relacións de xénero e na crise global do traballo de coidados. Na parte das conferencias, contou coa participación de profesoras e investigadoras das tres universidades galegas e tamén con investigadoras foráneas e catro cooperativas feministas galegas. Ademais, dentro deste seminario tamén se inaugurou en Ourense “Coidados na diáspora”, unha exposición fotográfica. Este seminario conta co financiamento do Instituto de las Mujeres, e coa participación de Mulleres á fronte e a colaboración do Grupo de estudos en traballo social: investigación e transferencia da Universidade de Vigo.